Santiago(é)tapas acolle aos gañadores dos concursos de tapas dos Concellos de Área Santiago

Santiago(é)tapas acolle aos gañadores dos concursos de tapas dos Concellos de Área Santiago

Os gañadores dos concursos de tapas e outros eventos gastronómicos dos Concellos que forman parte do grupo Área Santiago participarán de novo en Santiago(é)tapas, que se celebra ata o catro de decembro, cociñando por un día en locais de Compostela que participan nesta edición de Santiago(é)tapas. Esta acitividade enmárcase no Plan de Acción 2016 do Grupo Área Santiago, e conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Os establecementos dos Concellos de Área Santiago ofrecerán ao público as tapas gañadoras dos concursos correspondentes. Ao tempo, os anfitrións en Santiago porán á venda a tapa coa que está concursando nesta edición. Os días nos que se poderán probar as tapas dos locais dos Concellos dos arredores de Santiago serán os xoves 24 de novembro e 1 de decembro, en horario de 20.00 a 23.00 horas.

Os participantes na primeira xornada de Área Santiago en Santiago(é)tapas, este día 24, concentrados nas zona do Franco e da Raíña, son: Casa de Xantar á Culler, de Silleda, que estará na Senra Raíña; Bar Barreiro, de Vedra, que estará nos Caracoles; Bar Carpe Diem, de Touro, no ACDC; Cafe Bar O rincón de Pepe, de Lestedo, no Celme.

Os participantes na segunda xornada de Área Santiago, o próximo un de decembro, concentrados nas zona de Mazarelos e arredores, son: Las Palmeras, de Lalín, no Arco de Mazarelos; Cafetería Estilo, de Melide, no Pepe Payá; Café Século XX, de Padrón, na Lonxa do Mercado; O Refuxio, de Vila de Cruces, SCQ; e Mesón A Vila, de A Estrada, que estará no París.

Para incentivar o consumo de tapas dos establecementos participantes, estableceuse un Premio Especial Área Santiago para aquelas persoas que percorran nunha soa noite unha das Rutas Especiais Área Santiago, consistente nun típico prato de polvo, do artesáns Ferradáns (A Estrada), coa garantía de Artesanía de Galicia, edición especial co logotipo Área Santiago serigrafiado.  

Tamén haberá amenización musical por grupos de música tradicional procedentes de concellos de Área Santiago.  A programación musical é a seguinte: o xoves 24 de novembro actuará Linho do Cuco, dos Concellos de Lalín e A Estrada, e o xoves 1 de decembro actuará Voces da Terra, do Concello de Vila de Cruces.  Ademais, na app do concurso inclúese unha sección específica das Rutas Especiais de Tapas Área Santiago, na que a clientela poderá valorar as tapas dos locais participantes dos Concellos dos arredores de Santiago.

¿Cuánto te gustó esta entrada?
Compártelo en:
¿Qué opinas?
Para comentar esta entrada debes estar registrado
Introduce tu usuario y contraseña aquí.