Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Rolda de prensa de valoración de Santiago(é)Tapas, mañá na Sala de Prensa do Concello

Rolda de prensa de valoración de Santiago(é)Tapas, mañá na Sala de Prensa do Concello

A sala de prensa do Concello de Santiago acollerá mañá mércores 2 de decembro ás 12:30 horas a rolda de prensa de valoración de Santiago(é)Tapas. Tamén se achegarán as liñas xerais de Compostela Gastronómica, edición especial Nadal; e do “Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos”.

 

Estarán presentes Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo; José Antonio Riveiro e Sara Santos, presidentes do Asociación Hostelería Compostela; e Javier Míguez.

 

A oitava edición de Santiago(é)tapas desenvolveuse entre os días 12 e 29 de novembro.

 

Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e Asociación Hostalería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrela Galicia e Turkish Airlines.

How much did you like this entry?
Share it on:
What do you think?
You have to register in order to comment.
Enter your username and password here.