A undécima edición de Santiago(é)tapas terá lugar do 15 de novembro ao 2 de decembro

A undécima edición de Santiago(é)tapas terá lugar do 15 de novembro ao 2 de decembro
  • O concurso estrea unha gran final, con dez tapas finalistas, que se poderán probar do 7 ao 9 de decembro.
  • Creáse o PREMIO(é)TAPAS+, aberto a participación de calquera persoa ou colectivo que difunda o concurso a través das seguintes redes sociais.

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, presentaron a undécima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas da cidade, que se celebrará do 15 de novembro ao 2 de decembro. Este ano a organización, compartida por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, decidiu introducir varias novidades importantes co obxecto de darlle un novo pulo o evento.

 

Unha das principais novidades é que este ano o concurso terá unha gran final, na que participarán 10 tapas finalistas. A organización comunicará públicamente o día 3 de decembro o listado destas dez tapas, escollidas por un xurado profesional. A gran final celebrarase do 7 ao 9 decembro. Os establecementos con tapas finalistas teñen a obriga de ofrecer durante estes tres días a súa tapa.

 

A gran final de Santiago(é)tapas nace co obxectivo de darlle ao público a posibilidade de probar e valorar as tapas que o xurado considera as dez mellores do evento. Ademais, dende o punto de vista turístico, a final do concurso pode promocionarse coma un evento en si mesmo, con capacidade para a atraer a público foráneo aproveitando a ponte que terá lugar nesas datas.

 

Outra das novidades importantes da edición deste ano é unha nova distribución dos premios do concurso. Haberá un Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros, un Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotaco con 500 euros, e un Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase unindo a valoración do Xurado profesional e o voto popular emitido durante os tres días da final.

 

Ademáis, este ano o público premiará directamente cos seus votos emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros euros e a segunda con 300 euros.

 

A maiores, este ano modifícase o premio PREMIO(É)TAPAS+ co obxecto de dinamizar o concurso a través das redes sociais. O premio estará aberto por primeira vez a calquera persoa ou colectivo que difunda o concurso a través das seguintes redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram e Youtube. Este premio está dotado con 700 euros.

 

Finalmente, outra das novidades principais da edición deste ano é que se lle da liberdade aos locais participantes a que fixen o prezo das súas tapas a concurso, cun mínimo de 1,5 euros e un máximo de 3,5. Todas as tapas deben incluir polo menos 1 produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Está confirmada a participación de Mahou como patrocinador principal e tamén o patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola. Conta ademais coa colaboración institucional da Deputación de A Coruña. 

 

¿Cuánto te gustó esta entrada?
Compártelo en:
¿Qué opinas?
Para comentar esta entrada debes estar registrado
Introduce tu usuario y contraseña aquí.