O TAPASPORTE

Faite xa co teu
tapasporte!!!

Condicións de uso e funcionamento do Tapasporte

As condicións de uso do Tapasporte son:

• O Tapasporte poderá recollerse na oficina da Praza de Galicia, de 12 a 15 e de 17 a 21 horas todos os días, ou nos estabelecementos adheridos ao concurso SANTIAGO(é)TAPAS.

• O Tapasporte é persoal e intransferíbel. Para que o Tapasporte sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan. Non será válido aquel Tapasporte que non estea debidamente cumprimentado.

• Para poder optar aos premios ou incentivos do Tapasporte, deberán de estar selados todos os estabelecementos adheridos a unha ou máis (é)TAPAS ou rutas especificadas ou adheridas a este evento.

• O período de vixencia do Tapasporte será o da duración do concurso: do 28 de xuño ao 13 de xullo.

• O estabelecemento estará obrigado a selarlle a súa credencial ao usuario, unha vez que o cliente consuma a tapa ou tapas realizadas para o concurso e efectúe a votación correspondente para o Premio do Público.

• A validación dos Tapasportes presentados realizarase no mostrador de SANTIAGO(é)TAPAS situado na oficina da Praza de Galicia, de 12 a 15 e de 17 a 21 horas todos os días, durante o período de vixencia do concurso (do 28 de xuño ao 13 de xullo).


Incentivos para os usuarios do Tapasporte
Os usuarios do Tapasporte poderán optar a unha serie de premios co obxecto de dinamizar aínda máis esta iniciativa. Os premios son:


E ademais, para todos os votantes:

Sorteo entre todo o público participante nas votacións

Todas as persoas que voten a súa tapa favorita entrarán nun sorteo de 2 billetes de avión da Compañía Air Berlin a calquera destino europeo ao que opere. O sorteo realizarase ante notario.

Descargar en PDF