CURSO DE TAPAS

Antes da celebración do concurso realízase un Curso de Formación en Tapas, impartido por dous dos máximos representantes do mundo das tapas a nivel estatal, con ben estilos diferenciados, co fin de dar unha perspectiva a máis ampla posíbel que vaia da tradición á innovación.

Data: 16 xuño 2008

Lugar: Sin determinar

Programa:
Xornada composta de dúas sesións demostrativas independentes con dous estabelecementos de referencia da Cociña das Tapas en España. Cociñeiros empresarios que tratarán, ao tempo que cociñan, temas tan diversos como:

Horario:

*IMPORTANTE: Sesións consecutivas pero independentes, con diferente contido e distinto relator, de xeito que os interesados poidan elixir asistir a só unha,  ou ás dúas sesións.

  1. SESIÓN 1: 17 a 18.30 horas

Edorta Lamo e Íñigo Cojo. A Fuego Negro (San Sebastián). www.afuegonegro.com
Un bar innovador, repleto de atrevidos detalles e situado en pleno casco vello de San Sebastián. Unha revelación gastronómica de máxima actualidade, onde se serve unha larga lista de pintxos doces e salgados, creativos e orixinais, cunha especial atención ao mundo do viño.

  1. SESIÓN 2: 19 a 20.30 horas

Paco Guzmán. Restaurante Santamaría (Barcelona). www.santamania.biz
Restaurante pioneiro, de referencia e de éxito, da cociña en miniatura no barrio do Borne de  Barcelona. Ambiente xove e desenfadado, onde se ofrecen extraordinarias preparacións feitas con produtos de orixe moi diversa (lentellas, arroces, especias) que se renovan constantemente.

Prazas limitadas: 30 prazas por sesión (serán cubertas por rigorosa orde de inscrición; terán preferencia aqueles estabelecementos que previamente se inscribiran no concurso de tapas).

Prezo: 20€ (1 sesión) e 30€ (2 sesións).
**IMPORTANTE: O pagamento deberá ser realizado a través de transferencia bancaria ao número de conta de Caixa Galicia 2091-0375-86-3040011661 co concepto “CURSO TAPAS”.

Descargar ficha de inscrición en pdf
Descargar ficha de inscrición en word