estado do tempo
Today is thursday 2 october, it is 16ºC and slightly cloudy in Santiago

Bares

"En Galicia, comer é sempre un pracer."

Para todos os gustos

En Santiago hai unha magnífica representación da restauración galega, nos seus diversos formatos: dende selectos restaurantes, entrañabeis casas de comidas ou pousadas, pulperías y tentadoras marisquerías, a localis 'in' onde crean tendencia os chefs da nova cociña galega. Mais tamén características grellarías y churrasquerías, herdanza da emigración masiva dos galegos á Arxentina, ou concorridas xamonerías, viñotecas e tabernas de toda a vida, nas que serven tapas -pequenos bocados, ás veces suculentos, que na maioría dos lugares serven gratis coa bebida-, racións -típicas do país e normalmente pensadas para ser compartidas entre varios-, pinchos -unidosis das anteriores- e taboas -de embutidos, queixos ou patés.

Como non podía ser doutro xeito, na cidade teñen unha grande presencia todas as cociñas rexionais – vasca, castelá, mediterránea, etc.- que forman a grande familia da gastronomía española, alén de estar presentes a cociña vexetariana e as principais tradicións culinarias do mundo: italiana, grega, xaponesa, china, palestiniana, marroquina, turca, brasileira e outras.

Que Santiago sexa unha cidade universitaria garantiza ademais unha oferta de menús do día a baixo prezo, nun sinnúmero de establecementos espallados por toda a cidade.