Dise que a orixe etimolóxica da palabra tapa vén do antigo costume que se estilaba nas tabernas e mesóns de tapar os vasos de viño cun anaco de pan, para evitar que entrasen po e moscas, mosquitos ou outros bechos
Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o venres 11 de xuño e até o 4 de xullo, das mellores tapas en Santiago de Compostela.
A cidade acolle o III Concurso de Tapas Santiago(é)tapas, unha iniciativa que ten a finalidade de promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.
O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.