Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o sábado 28 de xuño e até o 13 de xullo, das mellores tapas en Santiago de Compostela.
A cidade acolle o I Concurso de Tapas "Santiago(é)tapas", unha iniciativa que ten a finalidade de promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.
O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.